
A Universidade é un servizo público que ten como funcións básicas a docencia e a investigación, pero o seu rol social transcende as súas competencias, pois ten protagonismo central na transmisión do coñecemento e o desenvolvemento cultural, social e económico. A Universidade debe ademais, situarse a vangarda na incorporación de políticas a favor igualdade e contrarias a exclusión dos cidadáns e cidadás.
Para integrar ás persoas con minusvalías e facilitarlles o acceso ao estudo e ao traballo en condicións de igualdade, propomos:
- Promover políticas de integración dirixidas a persoas discapacitadas con necesidades especiais para desenvolverse no entorno universitario.
- Darlle facilidades aos traballadores con minusvalías para realizar un traballo de calidade.
- Fomentar programas de axudas e titorización aos alumnos e alumnas discapacitados que o precisen.
- Achegar a Universidade a todos os cidadáns e cidadás que así o desexen eliminando ou reducindo os obstáculos para a súa accesibilidade
No hay comentarios:
Publicar un comentario